ASUNTOS SOCIOS/AS NOR RUBBER
NOR RUBBER, SOCIEDAD ANONIMA LABORAL
Tui, 29 de Maio de 2023
Estimado socia/o:
Por medio da presente convócaselle á Xunta Xeral Ordinaria que se pretende celebrar no domicilio social da empresa sito en San Martiño – Areas – Tui, o vindeiro, venres, día 30 de Xuño de 2023 ás 17:00 horas en primeira convocatoria e no mesmo lugar, o sábado, día 1 de Xullo de 2.023, ás 17:00 horas en segunda convocatoria, a fin de deliberar e, no seu caso, adoptar os acordos sobre os asuntos comprendidos na seguinte orde do día:
- Exame e Aprobación, no seu caso, das Contas Anuais Abreviadas do exercicio 2022, aplicación do resultado e censura de xestión social.
- Nomeamento de auditor de contas para o exercicio 2023.
- Rogos e preguntas
- Redacción, lectura e aprobación da Acta, se procede.
Ponse en coñecemento de todas as persoas socias que se atopa a disposición das mesmas, na sede da sociedade, toda a documentación referente aos puntos a tratar na orde do día, e que poderán obter de forma gratuita, copia da devandita documentación, previa solicitude correspondente, polo que lle serán entregadas copias das Contas Anuais Abreviadas do exercicio 2022.
Os socios e socias que non asistan persoalmente á Xunta Xeral poderán facerse representar na mesma por medio doutra persoa, cumprindo os requisitos e formalidades esixidos polos Estatutos da sociedade e pola Lei de Sociedades de Capital, neste suposto, prégase que se delegue o voto na persoa que se considere oportuna, cubrindo, ao efecto, o escrito que se poderá solicitar nas oficinas de Nor Rubber, S.A.L.
A Presidenta do Consello de Administración
Asinado. María Nieves Veninga Burgos