ASUNTOS SOCIOS/AS NOR RUBBER
NOR RUBBER, SOCIEDAD ANONIMA LABORAL
Tui, 24 de Maio de 2022
Estimado socia/o:
Por medio da presente convócaselle á Xunta Xeneral Ordinaria que se pretende celebrar no domicilio social da empresa sito en San Martiño – Areas -Tui, o vindeiro, sábado, día 25 de Xuño de 2022 ás 10:00 horas en primeira convocatoria e no mesmo lugar, o domingo, día 26 de Xuño de 2.022, ás 10:00 horas en segunda convocatoria, a fin de deliberar e, no seu caso, adoptar os acordos sobre os asuntos comprendidos na seguinte orde do día:
1. Exame e Aprobación, no seu caso, das Contas Anuais Abreviadas do exercicio 2021, aplicación do resultado e censura de xestión social.
2. Elección do novo Consello de Administración.
3. Nomeamento de auditor de contas para o exercicio 2022.
4. Rogos e preguntas
5. Redacción, lectura e aprobación da Acta, se procede.
Ponse en coñecemento de todas as persoas socias que se atopa a disposición das mesmas, na sede da sociedade, toda a documentación referente aos puntos a tratar na orde do día, e que poderán obter de forma gratuíta, copia da devandita documentación, previa solicitude correspondente, polo que lle serán entregadas copias das Contas Anuais Abreviadas do exercicio 2021.
Os socios e socias que non asistan persoalmente á Xunta Xeral poderán facerse representar na mesma por medio doutra persoa, cumprindo os requisitos e formalidades esixidos polos Estatutos da sociedade e pola Lei de Sociedades de Capital, neste suposto, prégase que se delegue o voto na persoa que se considere oportuna, cubrindo, ao efecto, o escrito que se poderá solicitar nas oficinas de Nor Rubber, S.A.L.
O Presidente do Consello de Administración
Asinado. José Manuel Vila Areal