NOR RUBBER S.A.L. – PUBLICACIONES
NOR RUBBER, SOCIEDAD ANONIMA LABORAL
Tui, 27 de Maio de 2025
Estimado socia/o:
Por medio da presente convócaselle á Xunta Xeneral Ordinaria que se pretende celebrar no domicilio social da empresa sito en Regueiro 4 – Areas -Tui, o vindeiro, sábado, día 28 de Xuño de 2025 ás 10:00 horas en primeira convocatoria e no mesmo lugar, o domingo, día 29 de Xuño de 2025, ás 10:00 horas en segunda convocatoria, a fin de deliberar e, no seu caso, adoptar os acordos sobre os asuntos comprendidos na seguinte orde do día:
1. Exame e Aprobación, no seu caso, das Contas Anuais Abreviadas do exercicio 2024, aplicación do resultado e censura de xestión social.
2. Nomeamento de auditor de contas para o exercicio 2025.
3. Autorización ao Consello de Administración de Nor Rubber, S.A.L para poñer a disposición de todos os traballadores/as con contrato por tempo indefinido da sociedade as 6.098 accións propias ou en autocarteira establecendo o valor de transmisión en 19 euros por acción.
4. Rogos e preguntas.
5. Redacción, lectura e aprobación da Acta, se procede.
Ponse en coñecemento de todas as persoas socias que se atopa a disposición das mesmas, na sede da sociedade, toda a documentación referente aos puntos a tratar na orde do día, e que poderán obter de forma gratuíta, copia da devandita documentación, previa solicitude correspondente, polo que lle serán entregadas copias das Contas Anuais Abreviadas do exercicio 2024.
Os socios e socias que non asistan persoalmente á Xunta Xeral poderán facerse representar na mesma por medio doutra persoa, cumprindo os requisitos e formalidades esixidos polos Estatutos da sociedade e pola Lei de Sociedades de Capital, neste suposto, prégase que se delegue o voto na persoa que se considere oportuna, cubrindo, ao efecto, o escrito que se poderá solicitar nas oficinas de Nor Rubber, S.A.L.
A Presidenta do Consello de Administración
Asinado. María Nieves Veninga Burgos


